As bateas son na Ría de Arousa unha sinal de identidade, xa non se entendería nin a paisaxe nin a vida na Ría de Arousa se desapareceran as bateas. E centro da Ría de Arosa é a Illa, como chaman os illáns, A Arousa. E Juan José Rial “O Perla”, dos pioneiros no cultivo do mexillón na Illa de Arousa, é un dos sabios mariñeiros do noso mar. Tamén un sabio mariñeiro é Manuel García “Carrán”, amigo dende a mocidade do “Perla”, que nos vai contar a súa vida xuntos. E tamén contamos co neto do “Perla” Manuel Ríal, que segue as ensinanzas do seu avó traballando nas bateas, e os dós son a nosa axuda para facer homenaxe e sorprender ao “Perla”.