O mar as veces é unha paixón arrebatadora, que é difícil expresar en palabras, e así sucede co mariñeiro José Martinez “Josecho”. Pero a pesar da dificultade imos intentar poñer palabras e esta paixón mariñeira. E van axudarnos Rosa Soneira, que é peixeira e muller de Josecho, ela coñece ben os sentimentos do seu home. E tamén José Búa, mariñeiro toda a súa vida en Muxía, que ten amizade con Josecho e faenan na mesma ría. E teremos unha singular reunión de amigos e familiares.