Na Ría do Barqueiro existe a historia dun recurso que xurdindo como un problema para as mariscadoras acabaron converténdoo no seu recurso principal, a ostra rizada. E liderou ás mariscadoras neste proceso a presidenta da Agrupación nesa época Isabel Rodríguez. Polo seu traballo, o seu carácter e a súa amizade queremos homenaxear a Isabel, e son imprescindibles para facer esta homenaxe Cristina Trasancos, que foi vicepresidenta con Isabel, e Fina Murias que leva moitos anos de mariscadora e son moi amigas. E queremos que na sorpresa Isabel se sinta moi querida por todas as súas compañeiras.