Coñecemos a fascinante aventura mariñeira e vital de Francisco Vidal 'Pacucho', que empezou traballando, moi neno, nunha lancha xeiterira co seu pai, coñecida popularmente como A Violetera, e chegou a ser un dos patróns mais destacados de Galicia e de todo o Cantábrico. Traballaron con el Jorge Rodríguez e Gonzalo Pérez 'Talo', que tamén foron patróns do cerco, e hoxe van facernos de padriños para axudarnos a armar a homenaxe en forma de sorpresa a Pacucho, e tamén nos contaran moitas historias da súa relación.