O Muro da Coruña é o símbolo central da alma mariñeira da Coruña, e alí traballou 53 anos Antonio Caridad, polo que é a persoa que mellor coñece a súa evolución, e sen dúbida é o traballador máis representativo, por isto queremos facerlle unha homenaxe, coa súa familia, representada por Fernando Caridad, o seu curmán, e polos seus amigos que representa Luís Blanco. E a homenaxe vai ser no barrio de Monte Alto onde naceu Antonio, e xusto ao pé da Torre de Hércules.