As redeiras, ou atadeiras, que traballan en Malpica son das poucas en Galicia que traballan a arte do palangre, e entre elas destaca Ángeles Millé, que é a presidenta da Asociación de redeiras de Malpica O Fieital. Hoxe imos facerlle unha homenaxe sorprendéndoa coa complicidade da súa irmá Yolanda Millé que foi redeira moitos anos, e con Verónica Veres que é Presidenta da Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao. E con Ángeles Millé presentimos unha homenaxe moi emotiva. Xa veremos!