O mar de Fisterra é un mar de traballo nun medio duro, un mar bravo sen concesións para os mariñeiros, pero algúns saben converter esta bravura mariña e este traballo esforzado nun canto lírico ao propio mar, isto faino o poeta e mariñeiro, guía do Museo da Pesca, Alexandre Nerium, a quen hoxe queremos homenaxear coa axuda doutros dous fisterráns que o coñecen ben: Luis López, o seu sobriño que é mergullador dedicado ao longueirón, e o poeta Modesto Fraga, que séntese discípulo de Nerium no poético e no vital.