Santiago Salido é un apaixonado do mergullo e dos naufraxios que hai uns meses descubriu o pecio do Tromp, un mercante noruegués afundido na 1ª Guerra Mundial por un submarino alemán. Os seus restos están a 94 metros de profundidade ou, o que é o mesmo, inalcanzables para a gran maioría de mergulladores.  No programa desta semana, Santiago guía os espectadores ás profundidades da ría de Ferrol, a 65 metros, onde descansan os restos do mercante sueco Tonghai. Coas súas enormes máquinas que se levantan cara á superficie coma se fosen edificios, é un dos pecios máis impresionantes de Galicia.  A expedición ao Barco de Yute, que é como o coñecen os pescadores da zona, vai supor un gran reto para Santi, xa que, non só se atopa nunha zona de gran tráfico marítimo, senón que, debido á súa profundidade, vai ter que usar técnicas e elementos propios do mergullo técnico.