Jacinto Pérez, mergullador profesional, biólogo e descubridor de especies mariñas, achegouse ata o barco Aries.  O buque atópase a quince metros de profundidade e serve hoxe en día de fogar para numerosos seres vivos. O Aries marchou ao fondo do mar en 1977 cando navegaba pola ría de Arousa. Converteuse así nun dos pecios máis emblemáticos de Galicia, ata o punto de que é máis coñecido que o propio barco, cuxa historia descubren os espectadores da Televisión de Galicia a través do testemuño do mariñeiro ribeirense que rescatou os seus catorce tripulantes.