Todas as alumnas e alumnos do CEIP Ramón Cabanillas teñen algún superpoder. Na escola ensínanlles que todas as persoas teñen superpoderes e poden facer cousas marabillosas nalgún ámbito da vida. Así que Braulio vai visitalos, a ver se atopa o seu superpoder.