Ter unha alimentación saudable é moi importante para poder estar san e con enerxía para afrontar as tarefas diarias e divertirnos. Unha das cousas máis importantes para ter unha correcta alimentación é incluír peixe na nosa dieta. E para saber como se pesca o peixe que chega ás nosas mesas, Braulio vai visitar a Cooperativa de Armadores do Porto de Vigo onde lle van explicar unha morea de cousas interesantísimas.