Dende Vilagarcía para o mundo O empresario de Vilagarcía Carlos Pérez Padrón é un galego universal que percorre o mundo traballando para a súa multinacional de ferretería e bricolaxe. "Billete de Volta" descobre os segredos deste emprendedor e grande afeccionado aos touros. Dúas historias anónimas de superación Neste mesmo programa tamén coñeceremos a historia de Alejandro Carril, que na súa xuventude traballou en infinidade de cociñas inglesas, e de Manuel Fariña, emigrado a Arxentina onde montou unha empresa de transporte escolar. Artesán da madeira, traballou no Teatro Colón de Bos Aires, onde coñeceu á súa muller. A afección polo traballo coa madeira a segue a cultivar, no tempo libre que lle deixa a súa ocupación como xuíz de paz no seu retiro pontevedrés. Alejandro e Manuel, puideron mercar os seus billetes de volta a Vedra (A Coruña) e Pontecaldelas (Pontevedra) respectivamente.