A cantante Natalia, actualmente presentadora dun concurso de talentos, acode a Bamboleo para presentar o seu novo disco “Un poco de mí”, de estilo pop e tropical house. Polo programa tamén pasan a orquestra La Ocaband, o cantautor ourensán Emilio Rúa, e a formación Odaiko, que xunto á cantante e percusionista castelá Vanesa Muela crearon un novo espectáculo.  Na sección “A Jrileira”, enfróntanse ao karaoke Lorena e Tatiana; mentres que en en “Dirtidansi”, distintas parellas bailan chachachá e bachata. En “Agora ou Nunca”, Sara Vázquez e Rubén de Prado amosan os seus dotes artísticos interpretando “Durmiendo sola” de Vanesa Martín e “Mi historia entre tus dedos” de Franco di Vita, respectivamente.