“Bamboleo” reúne un dos grupos máis representativos da movida madrileña dos oitenta, Nacha Pop, e unha das voces máis novas da escena independente galega, Silvia Penide. A banda de Nacho García Vega chega ao programa cun disco acabado de estrear, “Efecto inmediato”, co que volven despois de trinta anos sen novos temas no mercado.   A cantante coruñesa, que xa ten seis traballos no mercado desde que debutara en 2002 con moi boas críticas, interpreta “Paso a paso”, un tema composto para o programa "Camino por la memoria" da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer da Coruña.   O programa conta tamén coa actuación da orquestra Poceiro Big Band. Na sección “Agora ou Nunca”, Berta Carou e José Antonio Barros compiten interpretando “La mañana” e “Madrecita María del Carmen”. “A Jrileira” enfronta ao karaoke a Patricia e María e, en “Dirtidansi”, distintas parellas bailan ao ritmo de chachachá.