“Bamboleo” conta esta coa actuación de María Villalón, gañadora da primeira edición do concurso de televisión “Factor X”, que interpreta os seus tema máis “Ni tú ni yo” e “Todo arde”. Tamén pasa polo escenario Ruxe Ruxe, senlleiro grupo galego que, coa súa persoal proposta musical, baseada nunha contaxiosa fusión de rock, punk, folk, música tradicional e ska, celebra 20 anos de existencia. Ademais, o programa presentado por Xosé Manuel Piñeiro ofrece as actuacións da orquestra Trovadores e da cantante estradense Cris Salgado, que presenta o seu primeiro disco, “Sin noticias desde el cielo”. Conforman o álbum oito temas que se complementan ao ir construíndo o relato da historia de amor dunha parella, sintetizando a través das distintas cancións as diversas fases da súa relación. Na sección “Agora ou Nunca”, Isa Fernández compite co tema “Tanto cielo perdido”, de Shaila Dúrcal, e David Moledo faino con “Y nos dieron las diez”, de Joaquín Sabina.  En “Déixate de juasá!”, o programa