Nesta edición especial de Nadal, Bamboleo recibe a David Civera, Pili Pampín, Davide Salvado e Georgina e as orquestras Fania Blanco Show e Cinema. Mesmo o presentador Xosé Manuel Piñeiro interpreta panxoliña neste “Bamboleo. Fun, fun, fun”.  David Civera está a celebrar a súa longa traxectoria musical cun novo disco titulado “15º Aniversario”, con temas populares do artista e pezas inéditas. Pili Pampín interpreta “Pequerrechín” e un popurrí homenaxe a Ana Kiro. Davide Salvado trae ao Bamboleo “Gharghamala” e “Liulfe”, mentres que a artista venezolana afincada en España Georgina canta “Rara” e “Supermujer”. O “Bamboleo. Fun, fun, fun” conta tamén con baile de salón, como é habitual. Nesta edición cativos bailan samba e adultos bachata de Nadal.