Bamboleo celebra a chegada da primavera con este especial, cheo de historias de amor, picardía e moito humor presentado por Xosé Manuel Piñeiro, e que conta coas seccións habituais: “ITV do amor”; “Canción dedicada” e unha petición de matrimonio protagonizada por Suso e Melissa no “Déixate de Juasá”. Todo isto está aderezado coa música das orquestras galegas Los Trovadores, Los Satélites, El Combo Dominicano e La Nueva Phila, que interpretan temas como “Desde esa noche”, “Mi cama es para ti” ou “Hazme el amor”. Tamén estará presente o grupo de techno-rumba Camela, que interpreta o seu grande éxito “Cuando zarpa el amor”, e o artista galego César Romero, que deleita o público co tema “Con un poco de tu amor”.