Bamboleo comeza o novo ano con Sergio Dalma, quen fai gala do seu sentido do humor e deléitanos coas súas adaptacións de “Sólo tú”, “Este amor no se toca” e “Yo que no vivo sin ti”, incluídas no seu terceiro álbum de versións de clásicos italianos co que pon fin á triloxía “Vía Dalma”. O programa presentado por Xosé Manuel Piñeiro conta ademais coas actuacións da orquestra Los Trovadores e coa forza do cuarteto Agoraphobia, unha das bandas de rock femininas máis prometedoras da actualidade, que acaba de publicar o novo traballo “Incoming Noise”, do que escoitamos “Zero”, o seu primeiro sinxelo. No escenario tamén están Enma Rodríguez, interpretando “Ya te olvidé”, de Yuridia, e Santi Expósito, co tema “Perdóname”, de Camilo Sesto, competindo ambos os dous na sección “Agora ou Nunca”. En “Déixate de Juasá”, Salud e Antonio a déixanse de trebellos tecnolóxicos para dicirse as cousas á cara; En “A Jrileira”, Lúa e Mercedes enfróntanse cantando no karaoke, e en “Dirtidansi”, parellas de