O programa  “Bamboleo” recibirá esta noite no estudio de gravación a Ricky Furiati, o cantante de pop venezolano asentado no arquipélago canario.Os representantes galegos no programa desta semana serán Yahel & Leo e Cantata Vernácula. O cantante da orquestra Marbella Yahel Amaros e Leo Martínez, da orquestra Aché, cantarán “Menéalo”, o seu primeiro traballo xuntos que revolucionou as redes sociais. Ademais, o programa tamén contará coas actuacións da orquestra Poceiro Big Band, que interpretará “Déjate querer”, un mix de música latina bailable e o clásico dos Tamara “A Santiago voy”.