Bamboleo recibe a visita da cantante Lucía Pérez, que interpreta temas do seu último disco, “Quitapenas”, un traballo que transmite alegría e positivismo e que ofrece temas cargados de enerxía. O programa conta coa presenza do cantautor coruñés Hugo Torreiro, que presenta “Vuelvo a las andadas”, un adianto do seu próximo disco.  Tamén actúan a orquestra Stelares e Xestreu, un grupo de mulleres que coas súas voces fan un percorrido polos ritmos tradicionais, mergullándose nos cantos dos pobos. Na procura das raíces, levan a cabo un traballo de recollida de cantares e romances da tradición oral e interpretan ademais outras pezas recollidas por grupos doutras nacionalidades, co afán de abranguer co seu repertorio un amplo abano de ritmos do mundo. Na sección, “Agora ou Nunca” amosa o potencial artístico Mara Neira, co tema “Back to black”, de Amy Winehouse; e Adrián Campos interpreta “Cheque al portamor”, de Melendi. En “Canción dedicada”, Delfina e Manuel, da Lama, contan a súa his