“Bamboleo” recibe a cantante, actriz e presentadora Lucía Gil. A punto de facer 20 anos, esta precoz artista, que participou por primeira vez nun concurso de televisión con 7 anos  e que foi rapaza Disney, é unha das figuras máis prometedoras do panorama nacional. O programa por Xosé Manuel Piñeiro conta ademais coas actuacións da orquestra Costa Dorada e do cantante aragonés, galego de adopción, Dani Royo.En "Agora ou Nunca", Estela Rodríguez interpreta “Invisible”, de Malú, e Alejandro Peláez, “Aleluya”, de Il Divo. En “A Jrileira”, Óscar e Roberto enfróntanse ao karaoke cantando “La vida sigue igual”, de Julio Iglesias, e “Dirtidansi”, en que parellas de distintas xeracións bailan samba e rumba.