“Bamboleo” recibe a visita da cantante e compositor sevillano Hugo Salazar, que volve aos escenarios con dous novos sinxelos: “Sin argumentos” e “Adivina adivinanza”. Tamén actúan o grupo cangués Astarot, lenda viva do rock galego, e a orquestra Pontevedra. Nas sección “Agora ou Nunca” amosan o seu potencial artístico Victoria Pérez Gascón, co tema “I have nothing”, de Whitney Houston; e Jesús Álvarez, que interpreta “Luna de espada”, de Manolo Escobar. Na "Jrileira” compiten cantando con karaoke Marta e Silvia. Parellas de distintas xeracións bailan na sección “Dirtidansi” os estilos tango e chachachá.