Xosé Manuel Piñeiro dará nesta edición a benvida ao cantautor Diego Martín, artista murciano que destaca por compoñer baladas desde a alma e a emoción e acumula desde o seu primeiro álbum, co que obtivo disco de ouro, numerosos éxitos. A coñecida Pili Pampín tamén animará a velada coa súa enerxía sobre o escenario e cos seus sons galegos. As actuacións musicais completaranse coas intervencións da orquestra Johnny Maquinaria, un novo ritmo canario que vén ao noso país coa ilusión de conquistar o público das verbenas galegas.