David Civera vén a Bamboleo a presentar o seu duodécimo disco de estudio, co que celebra 15 anos de carreira musical, avalada por éxitos como “Dile que la quiero”, “Que la detengan” e “Bye Bye”. O álbum inclúe dez cancións do seu repertorio máis representativas, todas elas con nova produción e arranxos, e dous temas inéditos.O programa tamén recibe a cantante melódico-lírica Andrea Pousa, que, con máis de 15 anos de experiencia sobre os escenarios, presenta o seu primeiro álbum en solitario, “Respirar”, un canto á nai natureza, con once temas orixinais e unha versión de “Negra Sombra”. Lirismo, tradición e vangarda únense nas súas cancións, interpretadas en galego, castelán e portugués.Tamén actúan a orquestra Salsarena e a rapeira viguesa Wöyza, que ten novo disco no mercado, “Pelea”. A cantante de soul e hip hop regresa tras oito anos sen estreas discográficas cun traballo de fondo contido social.En “Agora ou Nunca”, Guadalupe González interpreta “El clavel”, de Isabel Pantoja, e Ire