“Bamboleo” recibe a Carlos Marco, ex-compoñente de Auryn. Marco iniciou o ano pasado a súa carreira en solitario co lanzamento de “Chalk dreams”, un proxecto moi persoal co que dar a coñecer a súa faceta solista de cantante e compositor. O programa conta ademais coas actuacións da orquestra Ceniza e do cantante galego Marcos Roca, ex-participante do concurso “Recantos” de “Luar”, que interpreta o clásico de Andrés Dobarro “O tren”. Polo escenario pasan Noemí Blanco, interpretando “Left outside alone”, de Anastacia, e Tania Labandeira, co tema “Y llegaste tú”, de Shaila Dúrcal, competindo na sección “Agora ou Nunca”.  “Déixate de Juasá” anima a Adriana e Selene a prescindir de tanto trebello tecnolóxico; En “A Jrileira”, Alba e Beatriz enfróntanse ao karaoke cantando “Eres un enfermo”, de Las Supremas de Móstoles.