O grupo Café Quijano presenta en “Bamboleo” o seu novo sinxelo, “Mina”, adianto do novo disco que sairá en setembro: “La vida no es la, la, la”, un traballo que se centra no pop.  Los Satélites da Coruña, unha das orquestras galegas máis lonxevas, chega con ritmos trepidantes e, no “Agora ou Nunca”, dúas voces realmente excepcionais, as de Julia Rodrigues e Marta Sanmartín, enfróntanse no escenario, a primeira cantando “Miedo”, de M Clan, e a segunda facendo o propio con “There´s nothing holding me back”, de Shawn Mendes. No apartado de música galega, a cantante cambadesa Pauliña presenta “De-xeneración”, un disco en que aglutina os ritmos que a marcaron desde nena. Unha parella de nenos portugueses, de Vilanova de Famaliçao, Rafael e Helena, son os protagonistas do “Dirtidansi”, bailando chachachá, mentres que Santi e Alicia forman a parella de baile profesional da noite, interpretando desta volta o estilo slow fox. Ademais, Lito de Arzúa e Víctor Bacoy participan nun singular co