‘Bamboleo’, o espectáculo que Xosé Manuel Piñeiro presenta os sábados pola noite na Televisión de Galicia, recibe nesta ocasión a visita do trío de irmáns leoneses Café Quijano. Famosos polos seus inconfundibles boleros e temas como “La Lola”, co que se deron a coñecer e conseguiron un éxito incontestable hai máis de vinte anos, agora presentan novas composicións. Despois de triunfar coa súa triloxía de boleros, Manuel, Óscar e Raúl regresan aos escenarios cun novo traballo titulado “La vida no es La la la”, un disco no que volven aos ritmos pop-rock e que esta noite presentarán sobre o escenario do ‘Bamboleo’. Sumarase á lista de convidados do ‘Bamboleo’ o artista coruñés Xoán Eiriz, que o pasado Nadal estreou o álbum “Poemas de amor en outono” no que mestura música e poesía e do que interpretará un fermoso tema titulado “Canto”. Os bailaríns castellonencos especialistas en salsa: Zergyo e Eva, converterán o patio na súa particular pista de baile. E para bailes os que botarán as per