“Bamboleo” recibe a visita do grupo valenciano Bombai, que aterra cun estilo bautizado como “beach pop”, xa que a súa proposta respira frescura e positividade e mestura rock, reggae, indie e pop. A banda deuse a coñecer con “Sólo si es contigo”, unha canción que está a arrasar en toda España. Tamén pasan polo escenario Esteban & Manuel, dous cantantes galegos cun pasado común en varias bandas, que deciden poñer en marcha un dúo co que darlle renda solta á súa paixón polos ritmos latinos. Defínense como un conxunto de música tropical moderna, levan a verbena no sangue e beben de influencias como Los Hermanos Rosario, Juan Luis Guerra ou Chico Trujillo. O programa presentado por Xosé Manuel Piñeiro conta ademais coas actuacións da orquestra Funçao Pública e da cantante e compositora Yhadira, que comezou desde ben pequena a súa relación coa música. Tras pasar por diferentes programas de televisión, decide reunir as súas mellores cancións e gravar o seu primeiro disco en solitario, “Est