A última representante de España no Festival de Eurovisión, Barei, interpreta o tema co que competiu, “Say Yay” e presenta a canción “Foolish Nana”, para o que recentemente lanzou un vídeo musical en branco e negro e estética anos 20. Tamén pasa por Bamboleo o compositor e cantante Roi Casal, un virtuoso da arpa céltica, a zanfona e o bouzoki, que interpreta “Pinar del río”. Ex-compoñente de Milladoiro, Roi Casal é coñecido, ademais de polos seus discos en solitario, por poñerlles banda sonora a producións da Televisión de Galicia tan populares como “Pazo de Familia” ou “Caseiros”.  Os ribeirenses O Ollomol ofrecen ritmos de rock, valses, tango ou blues. Está banda fíxose unha experta en poñerlles música ás experiencias e pensamentos dun personaxe único, Chamaquito Pistolas.  O apartado musical complétase coa orquestra Pontevedra. Na sección “Agora ou Nunca”, Trinidad Molina e Alejandro Nuricumbo, amosan as súas dotes artísticas. A primeira, interpretando “My hear will go on”, de