Café Quijano presenta en Bamboleo o seu novo tema, “Perdonarme”, que aspira a converterse nun dos éxitos do verán. Cun son diferente ao habitual e acompañados de Willy, do grupo Taburete, celebran o vixésimo aniversario da súa carreira artística con este adianto do seu novo disco, que sairá á luz en outono e que contará coa colaboración doutras bandas. No programa tamén actúan o grupo A Cámara Lenta e a Orquestra Belcanto Show.