“Bamboleo” recibe a visita da cantante e compositora Barei, que interpreta a canción 'Say yay!', coa que representou a España no festival de Eurovisión 2016. Ao escenario tamén soben artistas galegos como Martín Maez, cantante e actor de musicais que interpreta “Ahora”; A Roda, o grupo, que se formou no barrio vigués de Teis hai máis de 40 anos, e que volve cun novo disco chamado “Cuarenta anos máis”; e a orquestra Los Satélites. Na “ITV do amor”, o obxectivo é acertar cal é a verdadeira parella dunha persoa e en “Dirtidansi”, as parellas invitadas bailan merengue, samba e jive. En “Agora ou Nunca”, enfróntanse Alba Pazos, que interpreta “I cannot help loving you” de Haley Reinhart, e Cristina Álvarez, que canta “Dolce Vita” de Ryan Paris.