O ex-membro de Ketama Antonio Carmona visita Bamboleo para presentar o seu terceiro traballo en solitario, “Obras son amores”. O músico interpreta “Mencanta” e “Dale luz”, dous temas que forman parte deste novo álbum. Tamén Javi Maneiro, ex-integrante de Heredeiros da Crus, presenta o seu segundo disco en solitario, “Furtivos”. Ademais, actúan Sabela, que interpreta “Adivina lo que traigo pa ti”, e a Orquestra Santiago. Na “ITV do amor”, o obxectivo é acertar cal é a verdadeira parella dunha persoa. “A Jrileira” enfronta ao karaoke dous concursantes: Cristina e Alejandra; mentres que en en “Canción dedicada”, os protagonistas son María Teresa e Manolo de Padrón. En “Dirtidansi”, distintas parellas bailan rumba-bolero e un mix entre valse e samba e en “Agora ou Nunca”, dous participantes, Rocío López e Vanesa Míguez, amosan os seus dotes artísticos. A primeira, interpretando “Por lo que reste de vida”, de Thalía, e, a segunda, con “Loca”, de Luz Casal.