O “Bamboleo” da Televisión de Galicia conta no escenario con Angy. Polifacética artista, dérase a coñecer no concurso “Factor X”. Desde entón, destacou polo seu papel na serie xuvenil “Física o Química” ou por participar en “Tu cara me suena”, entre outros programas televisivos. Ten xa dous discos no mercado e esta noite interpreta no musical da canle pública “Sola en silencio” e “Hello”.   Ademais, actúan a orquestra Jerusalén, a emblemática formación viguesa A Roda e o artista venezolano, asentado en España, Ruby Paredes.   Na sección “Agora ou Nunca”, Laura Solanes e Enrique Rivera, amosan os seus dotes artísticos. A primeira, interpretando “Simply the best”, de Tina Turner, e, o segundo, con “Qué suerte la mía”, de Pedro Infante. En a “ITV do amor”, o obxectivo é  acertar cal é a verdadeira parella dunha persoa. “Déixate de juasá!” anima a Verónica, Nieves e José Antonio  a prescindir de trebellos tecnolóxicos e a dicirse as cousas á cara; a “A Jrileira” enfronta ao karaoke a Fát