Cardoso vai a Noia e marcha con Suzi no seu coche. Deteñen un falsificador que declara que fora o autor da firma de Pedro Buciños nos cheques. D. Mario dálle a Mario unha cinta que demostra a implicación de Marta na estafa da escola. No telexornal dan a noticia da detención de don Mario. Mario dálle a Merche a cinta que lle entregou seu pai. Cardoso méntelle a Suzi, dille que falou con súa nai e deixaron a partida no barco para outro día.