Mario e Pintado falan da aposta: ligar con Sara. Bromean, pero inquiétaos a posibilidade de que Belén escoitase algo. Suzanne e Cardoso disputan pola nena. Os dous queren que a pequena quede con eles. Bibi cóntalle a Sara o que lle dixo Belén. A xentileza de Pintado podía conter unha trampa. Sara enfádase con elas. Ramón cóntalle a Antonia que irá a un congreso en Mallorca. Mente, dille que irá só pero vai con Merche. Pintado e Sara bícanse.