Uxía séntese traizoada por Ulises. Acordaran ser discretos sobre o asunto de Suzanne Perry e Ulises divulgou información que só sabían eles. Como consecuencia Cardoso despedíuna. Belén cóntalle a Pintado e a Sara que acaban de chamala da tele para actuar no magazine da tarde. Merche déixalle ben claro a Bermúdez que van manter unha relación só profesional. Cardoso ten o número do móbil de Suzanne Perry, non se atreve a chamala.