Chega en “Augasquentes” o momento de celebrar as festas, pero nesta vila nunca pode haber un día de tranquilidade, nin sequera nas festas. Un apagón, o regreso da antiga orquestra Manakel e o empeño de Blanco e Telmo porque Ana marche serán os ingredientes principais da entrega desta noite da serie. A vila celebra as festas patronais e este ano terán un pregoeiro de excepción,  ademais de contar coa actuación do grupo Os Xurídicos, unha nova formación integrada polos compoñentes da orquestra que tantas dores de cabeza lle deu a Ana. Ata aí todo normal, pero un apagamento o primeiro día estragará a festividade. Apagamento ou sabotaxe? Telmo terá que abrir unha nova investigación porque as cousas que non lle cadran. Mentres Augasquentes queda esa noite sen festas, os veciños non deixan de facer das súas. Un xulgado ás escuras será o escenario para unha noite longa e de tramas. Por un lado, é a ocasión perfecta para Blanco de urdir un novo plan para que a xuíza marche definitivamente