Despois de descubrir o engano do seu home, Ana Ledo intenta repoñerse. Custaralle un pouco, xa que Rober está intentado por todos os medios recuperar a súa familia. Este pequeno contratempo emocional na vida de Ana será a xogada perfecta para que o xubilado xuíz Blanco tome as rendas do xulgado e volva exercer, por un momento, a xustiza e así facerlle un pouco máis complicada a vida de Ana na vila.