Dani recibe na cociña á Miss España, Estíbaliz Pereira, á que lle amosará como elaborar orixinais e saborosos Aliños para ensaladas . Tamén descubriremos como facer a carne máis tenra, sen esquecer o apetitoso refresco de manga co que Daniel tentará a Estíbaliz.