Deixar sen palabras a un convidado petulante é o obxectivo do imitador Pipo Arribe, que neste programa preparará coa axuda de Dani unha crema de cabaza “invertida” con pan crocante, xamón e anacardios. Ademais aprenderemos a facer fritadas menos aceitosas e brindaremos polo bo tempo cun Verán tropical.