No capítulo sexto de As Nosas Rúas coñeceremos a historia de tres ilustres personaxes cuxos nomes figuran no rueiro da Coruña. O primeiro é Virrey Osorio, un galego que chegoy a ser arcebispo e virrei de México. O segundo é Almirante Romay, un coruñés que chegou a ser capitán xeral da Armada, o máis alto cargo para un mariño. E o terceiro e último personaxe é Celedonio de Uribe, un enxeñeiro e urbanista que adicou a meirande parte da súa vida profesional a Galicia.