No noveno capítulo de As Nosas Rúas coñeceremos a historia de tres ilustres personaxes cuxos nomes figuran no rueiro da Coruña. O primeiro é Miguel Servet, un teólogo e científico español que descubriu a circulación do sangue, desenvolveu unha cristoloxía crontraria á Trinidade e foi queimado pola Inquisición. A segunda figura é a de Mariana Pineda, liberal española do século XIX executada na Década Ominosa, durante oreinado de Fernando VII. O terceiro e último personaxe é Emilio González López, un historiador e político galego que foi nomeado Cronista Xeral de Galicia e doutor honoris causa pola Universidade da Coruña.