No décimo capítulo de As Nosas Rúas coñeceremos a historia de tres ilustres personaxes cuxos nomes figuran no rueiro da Coruña. O primeiro é Manuel Murguía, un historiador e escritor considerado un destacado impulsor do Rexurdimento galego, xunto a Rosalía de Castro, de quen foi marido. Ademais, foi o creador da Real Academia Galega. O segundo personaxe é Fernando Rubine, un empresario chocolateiro, xornalista e político que dá nome a unha das rúas máis ventiladas da Coruña. O terceiro e último personaxe é o Almirante Mourelle, un oficial naval lembrado por ter participado en varias expedicións da Coroa española nas costas do Pacífico Norte.