No primeiro capítulo de As Nosas Rúas abordamos tres figuras importantes das rúas da cidade da Coruña. A primeira é Emilia Pardo Bazán, insigne personaxe que deixou unha fonda pegada na historia de España e que foi a responsable de asinar o decreto que establecía o acceso igualitario da muller aos estudos universitarios. O segundo personaxe é Alexander von Humboldt, un dos científicos máis importantes da historia e que tivo unha relación especial coa cidade herculina. O terceiro e último personaxe é Alfredo Vicenti, un xornalista decimonónico que chegou a dirixir El Liberal, un dos xornais máis importantes da súa época.