No sétimo capítulo de As Nosas Rúas coñeceremos a historia de tres ilustres personaxes cuxos nomes figuran no rueiro da Coruña. O primeiro é Curros Enríquez, un poeta que escribiu en lingua galega e que foi representante do periodo histórico-literario denominado Rexurdimento. A segunda é Concepción Arenal, unha pensadora e xornalista encadrada no realismo literario, pioneira do feminismo español e precursora do Traballo Social en España. O terceiro e último personaxe é Manuel Deschamps, un lendario mariño galego que logrou burlar en varias ocasións a poderosa frota norteamericana durante a guerra de España cos Estados Unidos.