Víctor Fernández Freixanes, presidente da Real Academia Galega, escritor, editor e profesor, e Lupe Murillo, licenciada en Dereito, xerente de conservas Pescamar e presidenta do Pontevedra Club de Fútbol, conversan con Xosé Carlos Caneiro.  Durante 45 minutos, estes dous convidados falan de asuntos que os unen, como o seu amor por Pontevedra e Galicia e polo deporte, pero tamén de aspectos máis persoais, relacionados coas súas traxectorias profesionais e vitais, nun programa que quere que descubrir facetas pouco coñecidas de persoas relevantes da sociedade galega, pero tamén suscitar unha conversa sosegada con propósito divulgativo sobre variados ámbitos de coñecemento.