Aquí hai praia volve cun novo capítulo adicado a tres praias do litoral galego de enorme riqueza e beleza natural asentadas en entorno semiurbano ou próximo a vilas galegas costeiras. Comezamos na Praia de Caolín, alcumada por moitos, o Caribe Galego, e unha das máis fotografiadas e compartidas nas redes sociais. Esta praia sitúase na Mariña lucense Occidental, preto da costa Ártabra no Concello do Vicedo. A paisaxe é impresionante con excepcionais vistas que recordan as postais das praias das Bahamas, Xamaica ou as Antillas do Caribe. Un chisco máis de cen metros de lonxitude e cando sobe a marea, a súa anchura e de arredor de vintecinco metros, está situada preto dunha antiga fábrica da cal toma o seu nome. A finura da súa area extraordinariamente branca, así como a vexetación que ten arredor, convértena nunha praia multitudinaria, a pesares do seu tamaño. Polo sur de Galicia visitamos a Praia de A Lanzada nos concellos de Sanxenxo e O Grove, pioneira  en lucir bandeira azul na nosa