A praia da Lanzada, que abarca os concellos de Sanxenxo e O Grove, é unha das pioneiras en lucir Bandeira Azul dos Mares Limpos de Europa. Son máis de 2 Km de areal a mar aberto e conta cun paseo de madeira que permite osixenar o corpo e avivar o espírito en calquera época do ano.Falando de surf, e subindo cara ao norte, toca visitar a praia máis recoñecida da nosa comunidade a nivel mundial polas súas ondas: a de Pantín, en Valdoviño. Visitantes e turistas achéganse a gozar deste paraíso natural, en que o gran protagonista é o surf. Celébrase a proba do Campionato Mundial, denominado Pull&Bear Pantín Classic Galicia Pro, que reúne a seareiros e profesionais deste deporte de todas partes do mundo: desde Australia ata os Estados Unidos, pasando por Suráfrica e por suposto, competidores españois e galegos. E finalmente, en Lugo, coñecerase un areal relaxado e tranquilo,. É o caso da praia do Torno, en San Cibrao, no concello de Cervo. Unha praia na Mariña lucense, rodeada doutras praias