O programa sitúa o seu set na praia de Miño, onde Lucía Rodríguez fala cos socorristas e o reporteiro Duarte Galbán conversa cos bañistas. No Club Náutico de Miño, monitores e alumnos fan unha demostración de todos os deportes acuáticos que se poden realizar na praia, entre o que destaca o paddle surf, cada vez máis de moda.  Tamén Asociación de Amas de Casa de Miño conta en directo todas as actividades que realiza. A música póñena os gaiteiros e pandeireteiras da Asociación O Castro Pepe Capelán está en directo as Festas de San Bieito no Porriño e Tania Veiras amosa os mellores momentos doutro San Bieito, neste caso desde Arbo.