O “Aquí Galicia Tour” recupera o espírito estival visitando o areal de Louro, na vila de Muros. O set do programa está situado no medio da praia e conta coa presenza de deportistas, mariscadores e cantantes. Pepe Capelán e Duarte Galbán falan en directo con bañistas da zona.Lucía Rodríguez entrevista a Daniel Formoso, da Confraría de Pescadores, que explica a importancia da pesca neste concello tradicionalmente mariñeiro. David Fernández conta os atractivos turísticos da vila muradá, mentres que Abel Lago, campión mundial de Olas e de Kitesurf, fai unha demostración do seu dominio dos deportes acuáticos. O artista local Gonzalo Brea e a Agrupación Folclórica Ximiela encárganse do poñer a música.